DAHOMEY

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

DAHOMEY (2024)

Mati Diop

Francia, Senegal, Benin / 67 min / Documental / Francés

Ficha técnica:

Guión: Mati Diop

Fotografía: Josephine Drouin Viallard

Edición: Gabriel Gonzalez

Produción: Mati Diop, Eve Robin, Judith Lou Lévy

Sinopse:

En novembro do 2021 o goberno francés devolveulle á República de Benín 26 tesouros do Reino de Dahomey que saquearan as tropas coloniais francesas en 1892. Mati Diop documenta este traslado dándolles voz aos tesouros e reapropiándose da súa historia. Mentres tanto, na Universidade de Abomey-Calavi, os estudantes participan nun intenso debate sobre a restitución destas reliquias e sobre o impacto da cultura colonialista imposta, cuestionando o seu retorno a unha nación que avanzou sen elas.

Mati Diop (París, Francia). Cineasta e actriz que traballa tanto en Francia como en Senegal. As súas películas, formalmente atrevidas, exploran o exilio e a identidade, a memoria e a perda, empregando ferramentas tanto da ficción como do documental. Os filmes de Mati Diop evocan lugares afastados. Personaxes tanto ficticios como case documentais anhelan lugares alén do seu alcance ou, ás veces, como se estivesen en transo, avanzan magneticamente cara a eles. Tanto ten onde se desenvolvan as películas, sempre existe o espectro doutro lugar e, quizais con el, a posibilidade dunha vida diferente. Comezou coas curtas Snow Canon (2011) e Big in Vietnam (2012), ás que seguiron o documental A Thousand Suns (2013) e a longa Atlantique (2019).

Oso de Ouro da Berlinale 2024

Duración: 
67 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

Funcións: 
Venres, 8 Novembro, 2024
22:30
Teatro Principal
Luns, 11 Novembro, 2024
18:15
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Dahomey Trailer #1 (2024)