CURTOCIRCUÍTO 2020
PLAYLIST
É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s.XXI sen comprendelos coma un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.
Nesta sección propoñemos un filme documental que, a través do retrado de Michael Gira, líder de SWANS, amósanos un retrato íntimo do percorrido dunha banda única e irrepetible.
Where Does a Body End?
Marco Porsia | 2019 | 2:01:00 | Canadá | DOC | COR
Where does a body end? é un retrato íntimo da banda SWANS, desde a sús raíces como unha brutal e polémica banda pos-punk que xurdiu a inicios dos 80 en Nova Iorque e que nos deu Sonic Youth (e, dalgún xeito, Madonna) a través da súa desafortunada aposta polo éxito da corrente principal na fiebre do ouro do indie-rock dos 90, a través de rupturas e caos (dentro e fora do escenario) ata o seu difícil status actual como unha das bandas máis logradas e ambiciosas do mundo, unha cuxos concertos aseméllanse máis a rituais extáticos que a viaxes nostálxicas a través das súas cancións máis populares.