CURTOCIRCUÍTO_PLANETA GZ 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
PLANETA GZ  1

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena cinematográfica galega.

REALITY
David Fidalgo Omil | 2020 | 07:47 | España | ANI | COR
REALITY é unha reflexión crítica e irónica sobre os programas de televisión máis vistos e a sociedade que os consome.

Todo el mundo se parece de lejos
Rafa de los Arcos | 2019 | 14:33 | España | FIC | COR
Celia volveu ao barrio. Nin sequera sabe moi ben como chegou ata alí, que ocorreu para que todo fose á merda en tan pouco tempo. Tentando agarrarse a algo, busca desesperadamente a maneira de recuperar a súa vida perdida.

Hai unha virxe alí arriba
Brandán Cerviño | 2020 | 14:28 | España | FIC | COR
Un Mozo leva pastar o seu gando ao monte. No camiño de volta atopa unha Moza que quere ver a Virxe gardada nunha igrexa que coroa o cume da montaña. O Mozo acaba acompañándoa na súa procura; con todo, nalgún momento da improvisada “peregrinación”, os seus camiños sepáranse e unha figura mítica e ancestral revélase.

Onde dormen as gaivotas
Dani Cornes | 2020 | 11:42 | España | FIC | COR
Nun futuro próximo afectado polo quecemento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago remoto nunha misión de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compañía é a voz de Control no oído. Todo vai ben, mais o tempo pasa, as tensións aumentan e empezan as discusións.

La penumbra
Dani Viqueira | 2020 | 13:47 | España | FIC | COR
Laura estuda para a oposición da súa especialidade médica. Non ten tempo para as hipocondrías do seu marido. Tampouco para as pelexas dos seus fillos. Mais cando todo escureza e Laura se adentre na penumbra, tempo é o único que terá.

Mare
Guille Vázquez | 2020 | 07:48 | España | FIC, EXP | COR
Unha moza busca alguén que entrou na súa casa cando se atopaba no límite entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro The Nightmare, de Heinrich Füssli, Mare describe unha parálise do soño segundo o mito do íncubo.

 

Duración: 
70 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Luns, 5 Outubro, 2020
21:30
Teatro Principal