CURTOCIRCUÍTO 2020
PENÍNSULAS 2
Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.
Reserve
Gerard Ortín | 2020 | 27:00 | España | EXP, DOC | COR
O lobo deixou de habitar o territorio que unha vez formou parte dos seus dominios e só a través das súas contornas podemos achegarnos a el; ruínas de trampas para lobos, ouriños de depredador importados dos EUA, unha esterqueira para alimentar aves de presa e arqueiros que disparan a réplicas de animais.
Estrea en Galicia
Gorria
Maddi Barber | 2020 | 22:00 | España | DOC | COR
Vísceras, un rabaño de ovellas, unha primavera. Arrolo de pombas e cancións coa boca pechada. Algúns voitres, ósos, flores e moitas mans. Mans que dan de comer, moxen, acariñan, rapan, filman, mans que matan. Mans que habitan as dúbidas e contradicións do manexo doutras especies.
Estrea en Galicia
La sangre es blanca
Óscar Vincentelli | 2020 | 13:00 | España | DOC, EXP | B&N
N’O sangue é branco, Óscar Vincentelli utiliza a precisión cirúrxica dunha cámara térmica para extirpar todo o folclore que recobre unha corrida de touros. Convertida en danza macabra a que un día fora festa nacional, ante vostedes só queda xa o ritual da morte.