CURTOCIRCUÍTO_EXPLORA 3

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
EXPLORA 3

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

A Demonstration    
Beny Wagner, Sasha Litvintseva | 2020 | 25:00 | Alemaña, Países Baixos, Reino Unido | EXP, DOC | COR    
A Demonstration é unha película de monstros sen monstros. Inspirada na ciencia europea da Idade Moderna, o filme explora e reinterpreta unha forma de ver o mundo natural que resulta case imposible imaxinar desde o punto de vista actual. Os naturalistas da Idade Moderna guiábanse por unha lóxica na que as verdades científicas se descubrían mediante a analoxía visual.

Aggregate States of Matters    
Rosa Barba | 2019 | 18:00 | Perú, Alemania    
Rodada nos Andes, Estados agregados de materias trata do crecente impacto do cambio climático nas zonas remotas. En esencia, o filme pivota ao redor da negociación ambivalente entre a idea binaria de natureza e cultura, oscilando dentro do discurso contemporáneo sobre o medio ambiente e as súas complexas capas a partir de enfoques científicos, filosóficos, espirituais e culturais. A obra mostra os límites difusos entre os axentes humanos e non humanos nas comunidades afectadas polo desxeo dos glaciares nos Andes. A partir dun diálogo extensivo coa poboación local, Barba traza unha imaxe crítica dun mundo no que o progreso deixou de ter sentido.

Thorax    
Siegfried A. Fruhauf  | 2019 | 08:00 | Austria | ANI, EXP | COR    
Durante a produción de Thorax, tiven en mente a histórica obra Anémic Cinéma de Marcel Ducham, o clásico do cine experimental de 1926. O “cine anémico” refírese directamente á máquina, o aparello sen sangue que está detrás do espazo cinemático da ilusión. Thorax volve introducir o organismo na proxección.

Kopierwerk    
Stefanie Weberhofer | 2020 | 07:00 | Austria | EXP, DOC | B&N    
O cine é unha máquina. Kopierwerk é proba diso, déixase levar por ritmos industriais e, deste xeito, negocia a era analóxica, cuxa fin supuxo tamén novos comezos, desviacións creativas: como complemento da cultura dixital de masas, acontecendo diante dos nosos ollos, é un movemento liberado en gran parte da presión por xerar beneficio, unha revolución dun nicho de variedades en medios analóxicos.

Tik Tak    
Michael Fleming | 2020 | 11:00 | Países Baixos | EXP | COR, B&N    
O home está literalmente dividido en dous: ten consciencia do esplendor da súa propia singularidade, que lle vén dada polo feito de sobresaír da natureza con impoñente maxestosidade, e aínda así volve descender a dous metros baixo terra para podrecer, cego e mudo, e desaparecer para sempre. É esta unha circunstancia terrible na que se atopa e coa que ten que vivir.

Further radical    
Stefano Canapa | 2020 | 07:00 | Francia | EXP | B&N    
En A Radical Film, Canapa experimenta con finas chouchas de ravo negro sobre película virxe, unha referencia ás raíces do cine. Further Radical utiliza o mesmo material levado ao seu extremo lóxico nunha impresora óptica. Unha auténtica explosión de luz atravesa a escura emulsión fotoquímica.

 

Duración: 
75 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Sábado, 10 Outubro, 2020
20:00
NUMAX