Blixa Bargeld visitará Galicia por primeira vez en solitario! O alemán, figura imprescindible na música europea das últimas catro décadas, ofrecerá unha performance vocal en Curtocircuíto o sábado 5 de outubro no Salón Teatro.
Na súa Solo Vocal Performance, Blixa Bargeld explora os límites da comprensión do oínte de termos como “discurso”, “son” e “música”. O público é testemuña da distintiva voz de Blixa mentres crea arquitectura acústica, esferas sonoras e criaturas cacofónicas a partires de elementos esenciais de frases, palabras e sílabas considerados como “non musicais”. Murmurios e berros, sons agradables e indescifrables que se unen para formar unha composición de dimensións orquestrais que consiste totalmente de gravacións ad hoc da voz de Blixa Bargeld. O equipo usado é mínimo: o artista actúa só sobre o escenario, con catro pedais e un micrófono. Non hai mostras gravadas previamente, nin pistas de acompañamento. Todo o que escoita a audiencia é creado en directo sobre o escenario. Durante o transcurso da velada a voz de Bargeld demostra que é capaz de crear creacións acústicas case imposibles, utilizando teoría científica, ideas poéticas e xogos filosóficos, todo presentado baixo o elegante e irónico estilo de Bargeld.
Máis información na web de Curtocircuíto.
---
Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema, naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. Este ano 2019 celebramos a 16ª edición do 28 de setembro ao 6 de outubro.
Na sección oficial deste destacado festival, que traballa en contacto directo cos grandes festivais europeos, compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos. Comprometido co seu tempo, apoia aos creadores e creadoras e tenta chegar a todo o público como punto de encontro lúdico cultural coa programación de actividades paralelas.
Organizado polo concello de Santiago de Compostela, e coa xestión do Auditorio de Galicia conta co apoio da ICAA (Instituto de Cinematografía y de las Artes Visuales), AGADIC e da Deputación de A Coruña.
http://curtocircuito.org/gl