CURTOCIRCUÍTO 2024 · SUPERNOVA II

DATOS BÁSICOS

Supernova, o espazo para cineastas emerxentes, celebra a segunda das sesións.

Imaxe: O corpo que existe máis que eu


O corpo que existe máis que eu

El cuerpo que existe más que yo

2024

Elena Mato

0:18:30

EXP-DOC

El cuerpo que existe más que yo é unha curtametraxe baseado no material de arquivo que reflexiona sobre as relacións e a nostalxia a través do movemento subcultural de 'La Ruta del Bacalao'. Utilizando unha liña informativa, analiza a súa historia e referentes, demostrando a vangarda e variedade artística en Valencia durante a década dos oitenta. Paralelamente, a voz narrativa articula unha segunda liña poética, que reflexiona sobre a nostalxia e as relacións líquidas na actualidade. A través da combinación de ambas, a obra crea unha perspectiva interxeneracional cerca do recordo, a memoria e a súa idealización.


.jpeg

2024
Anxo González Álvarez
0:04:53
DOC

Esta peza xorde dun interese persoal polo formato físico das fotografías. Os meus pais gardaron múltiples fotografías erradas, algunhas delas borrosas ou cun dedo diante do obxectivo. Gardaron estas fotos igual que o resto. Algunhas mesmo chegaron a estar nos nosos álbums familiares. Con todo, cando compraron a súa primeira cámara dixital, as imaxes perdéronse por descoido ou quedaron no esquecemento.


Muiño D'abaixo

2024

Cris Souto
0:05:26
EXP-DOC

A curtametraxe reflexiona sobre como o paso do tempo transformou a atmosfera do muíño onde naceu o avó da autora, hoxe en día deshabitado. Convida a concibir os espazos como depósitos de vida e memoria, e a deixar levar a imaxinación a través do mundo espectral que ela mesma descobre ao explorar a casa na actualidade.


A mirada delas

She looks

2024
Clara Maseda da Veiga
0:14:49
DOC

A miña nai sempre me dixo que podía ser o que quixese. Xunto con outro tres artistas femininas e utilizando o meu arquivo doméstico como nexo, inicio unha reflexión persoal sobre a liberdade, a muller, a cultura no medio rural e a importancia de nosas propias raíces.

 

 

 

Duración: 
55 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Domingo, 6 Outubro, 2024
16:30
Teatro Principal