CURTOCIRCUÍTO 2024 · IVÁN TORRES · ANDRÉS RODRÍGUES · URHO · LIVE A/V

DATOS BÁSICOS

URHO é un proxecto performativo que parte do son e das imaxes gravadas polo artista audiovisual Iván Torres Hdez a bordo do crebaxeos do mesmo nome, buque insignia da frota Finlandesa. O complexo e profundo son das gravacións de campo son a base dunha paisaxe sonora interpretada en directo polos músicos e artistas sonoros Andrés Rodrigues e Xoán-Xil López, ademais de polo propio Iván Torres mediante o uso de sintetizadores e sistemas de radio aos que se engaden instrumentos construídos por Xoán-Xil. A peza ten un carácter de improvisación e de diálogo entre os tres artistas que reaccionan aos visuais onde se mesturan imaxes de estilo documental con animación en celuloide. A presenza impasible da tripulación contrasta co movemento constante e o son enxordecedor mentres o crebaxeos ábrese paso a través dun mar Báltico xeado rodeado dunha paisaxe case lunar.

Duración: 
40 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Venres, 4 Outubro, 2024
19:30
Teatro Principal