CURTOCIRCUÍTO 2024 · EMIL SAIZ · JUDITH ADATABERNA FT. JEAN PAINLEVÉ · LIVE A/V

DATOS BÁSICOS

The Dance of the Witches

Comisariado por Curtocircuíto, The Dance of the Witches –un espectáculo audiovisual de guitarrista, compositor produtor Emil Sáiz e a artista visual Adataberna, en diálogo coas películas submarinas de Jean Painlevé– propón un descenso ao abismo, onde o son e a imaxe converxen nun fluxo denso e inmersivo. A composición de Sáiz desprégase lenta e deliberadamente -unha danza de tensión, éxtase e resolución-, explorando a elasticidade do tempo mentres respira e expándese, reflectindo o movemento das criaturas das profundidades mariñas nas películas. Combinada coa proposta visual de Adataberna, unha reinterpretación das imaxes de Painlevé –que transforma empregando placas de cobre, material historicamente utilizado en aliaxes para equipos submarinos como os escafandros dos mergulladores-–, a peza convértese nunha invocación, un ritual doutro mundo para atraer a audiencia ao momento presente; unha invitación para mergullarse por completo e experimentar a resonancia do descoñecido.

Emil Saiz

A música de Emil Saiz busca a catarse. Afastándose de estruturas convencionais e restricións de duración -e facendo énfase na fisicalidade do son-, Saiz xera coa súa guitarra cúmulos de texturas que se despregan e se pregan sobre si mesmos, tentando abrir portais para expresar resonancias emocionais ocultas.  Fundador do grupo de pop experimental Nothing Places e membroda banda balear Oso Leone, Saiz ten colaborado, grabado eactuado con numerosos artistas, entre os que se atopan IvánFerreiro, Suso Saiz, Christina Rosenvinge, Niño de Elche e Zahara.En 2024 publicou Affect/ Reflect, o seu primeiro traballo en solitario; unhameditación sonora creada para The Listening Affect, festival deecoloxías sonoras comisariado polo Instituto de EstudiosPostnaturales e organizado por la Galería Municipal de Oporto.Nado en Madrid, España, actualmente reside en Oporto, Portugal.

Judith Adataberna

Judith Adataberna, desenvolveu a súa obra a través do cinema experimental, a fotografía e a videoinstalación. Estudou Belas Artes en Pontevedra e completou os seus estudos no Laboratorio de Cinema Experimental #MÁSTER-LAV. De pais mariñeiros, creceu nunha batea con gran contacto co traballo manual e coa natureza. Na súa casa sempre houbo unha gran relación coa morte e co sobrenatural, feito que lle provocou moitas preguntas desde temperá idade. Por este motivo na súa obra sempre se manifestou unha constante necesidade de desafiar a concepción hexemónica da realidade, creando proximidades entre a visión onírica e a especulativa da ciencia. Entre o cinema estrutural e a linguaxe do videoxogo, propón a miúdo cámaras-corpo que ensaian sobre posibles "modelos e simulacións" de realidade, buscando os espazos liminais da conciencia e da propiocepción a través do alucinatorio. Son temas recorrentes na súa obra os mecanismos da supervivencia entre especies e como o devir tecnolóxico engadiu unha relectura sobre o transhumanismo e o desenvolvemento afectivo coas máquinas que nos rodean.

Aquí podes ler un texto curatorial de Judith Adataberna.

 

Duración: 
40 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349
Funcións: 
Sábado, 5 Outubro, 2024
20:00
Teatro Principal