CURTOCIRCUÍTO 2024 · COSMOS 5

DATOS BÁSICOS

Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

Imaxe: Poucos poden ver

 


Poucos poden ver

Few can see

2023
Frank Sweeney
0:43:00
EXP DOC
Estrea en Galicia

A finais dos anos 80, mentres a violencia continúa no norte de Irlanda, a censura imponse cada vez máis na televisión británica e irlandesa. Como resposta, as emisoras inician unha folga de apagamentos. Os traballadores ocupan varias emisoras e emiten un programa que devolve as voces censuradas ás ondas.


Saída polo niño do cuco

Exit Through the Cuckoo's Nest

2024
Nikola Ilić
0:19:23
DOC

Esta curta documental ensaística e persoal conta a historia dun soldado que nunca quixo selo. Decidido a non apertar nunca o gatillo, a súa rebeldía lévalle á prisión militar. Finxindo unha enfermidade mental, afástase da fronte, pasa por un manicomio e regresa a Belgrado o día en que a OTAN comeza a bombardear todo o país.

 

Duración: 
63 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Venres, 4 Outubro, 2024
16:30
Teatro Principal