CURTOCIRCUÍTO 2024 · ABONO LIVE A/V

DATOS BÁSICOS

ABONO LIVE A/V

 30 euros [a partir do 6 de setembro]

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto presenta na súa vixésimo primeira edición un cartel de espectáculos audiovisuais marcado pola vangarda e unha destacada nómina de artistas internacionais: 33EMYBW (Shanghai),  Joey Holder (Reino Unido), Ricardo Giovinetto, (Italia), Alessandra Leone (Italia) Zoë Mc Pherson (Francia, Irlanda), Yousuke Yukimatsu (Xapón). Conta tamén con artistas da escena galega e estatal como Iván Torres Hernández, Andrés Rodrigues, Xoán-Xil, Bromo (Paloma Peñarrubia e Azael Ferrer), Emil Sáiz, Judith Adataberna, Javi Álvarez, Irene de Andrés ou Mwëslee.
As súas actuacións desenvolveranse desde o xoves 3 ata o domingo 6 de outubro no Teatro Principal e na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Curtocircuíto consolida así a súa aposta por reivindicarse como un festival comprometido coas novas linguaxes audiovisuais, superando os límites da pantalla.

Para poder acceder aos espectáculos audiovisuais en directo, hai un abono específico cun prezo de 30 €. 

 
Avisos importantes

No caso de mercar o abono en liña, en calquera das súas modalidades, será preciso recollelo fisicamente na Zona C.

O canxe do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal.

O acceso farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.

O abono non garante o acceso a todos os eventos:

O abono de proxeccións non dá acceso aos concertos e live A/V

O abono de concertos e live A/V non dá acceso ás proxeccións

As actividades formativas están fora dos abonos

O Curtocircuíto - Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura) co apoio, entre outras entidades, da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA

Entradas: 
  • Abonos á venda o martes, 10 de setembro, ás 11.00 h
Funcións: 
Martes, 10 Setembro, 2024 a Domingo, 6 Outubro, 2024
11:00