CURTOCIRCUÍTO · SESIÓN INAUGURAL

DATOS BÁSICOS

A inauguración de Curtocircuíto acollerá un cinema ao vivo ideado expresamente para este acto. A formación efémera Submarina de Improvisación (Xavier Bértolo, teclados e sintetizadores, Paulo Pascual, theremin, e Saúl Puga, contrabaixo) musicará en directo o filme Vinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916). O filme é unha adaptación inxenua e fachendosa, que roza o vodevilesco, da novela homónima de Julio Verne. A produción, con todo, contou cos desenvolvementos técnicos de John Ernest Williamson, quen desenvolveu apenas un ano antes o primeiro sistema de fotografía e filmación subacuática. Precisamente este innovador encontro entre a ciencia e a arte é o motivo principal para a elección deste filme e é unha das converxencias que o festival quere explorar a través de diversas actividades.

Duración: 
120 min (aprox)
Entradas: 

APERTURA DE PORTAS: 20.00 H

INICIO DO ACTO: 20.30 H

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 46

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 1 Outubro, 2024
20:30
Teatro Principal