CURTOCIRCUÍTO · 20 ANIVERSARIO · ABONO PROXECCIÓNS

DATOS BÁSICOS

O Festival Internacional de Cinema Curtucircuito celebra o seu 20 aniversario convertendo a Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro nun referente para profesionais e aficionados ao cinema.

ABONO PROXECCIÓNS

 20 euros [a partir do 4 de setembro]

Avisos importantes

No caso de mercar o abono en liña, en calquera das súas modalidades, será preciso recollelo fisicamente na Zona C.

O canxe do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal.

O acceso farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.

A clausura é de balde, ata completar aforo, previa retirada de convite

O abono non garante o acceso a todos os eventos:

O abono de proxeccións non dá acceso aos concertos e live A/V

O abono de concertos e live A/V non dá acceso ás proxeccións

As actividades formativas están fora dos abonos

 

Entradas: 
  • Entradas en liña a partir do 4 de setembro
  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: durante a celebración do festival (do 3 ao 8 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349
  • Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 11 Agosto, 2023 a Martes, 3 Outubro, 2023
Varios lugares