O Festival Internacional de Cinema Curtucircuito celebra o seu 20 aniversario convertendo a Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro nun referente para profesionais e aficionados ao cinema.
ABONO CONCERTOS · LIVE A/V
30 euros [a partir do 4 de setembro]
Avisos importantes
No caso de mercar o abono en liña, en calquera das súas modalidades, será preciso recollelo fisicamente na Zona C.
O canxe do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal.
O acceso farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
A clausura é de balde, ata completar aforo, previa retirada de convite
O abono non garante o acceso a todos os eventos:
O abono de proxeccións non dá acceso aos concertos e live A/V
O abono de concertos e live A/V non dá acceso ás proxeccións
As actividades formativas están fora dos abonos