CORO DA RA · 30 ANIVERSARIO

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

O Coro da Ra celebra 30 anos de andaina cun concerto especial o domingo 17 de decembro no Auditorio de Galicia.  A formación, fundada por Ramón Bermejo en 1993 e gañadora do Premio Martín Códax da Música en 2021 na categoría de Coros e Grupos Vocais, levará ao escenario da Sala Ángel Brage un repertorio anovado con temas que transitan do soul ao rhythm and blues, pasando pola bossa-nova, o gospel, a música tradicional galega e músicas tradicionais doutras latitudes coas que, de seguro, sorprenderán o seu público.

 

Entradas: 
  • Entradas en ATAQUILLA.COM
Funcións: 
Domingo, 17 Decembro, 2023
19:30
Auditorio de Galicia