O eclecticismo musical de propostas como Cool Sounds e Lachlan Denton pechan a edición deste 2019 do 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco' organizado por Desconcerto Cultural.
Cool Sounds (Australia): baixo a influencia dun amplo grupo de compositores e bandas, dende o soft rock dos anos 70 de Todd Rundgren ou Fleetwood Mac ata os indies modernos como Deerhunter e Ariel Pink, Cool Sounds crean música pop de guitarras, chea de arranxos e fermosas melodías.
Enlaces: Imaxe | Vídeo | Bandcamp
Lachlan Denton (Australia): tamén un australiano abrirá a noite para Cool Sounds. Inspirado por compatriotas clásicos coma The Go- Betweens ou Paul Kelly, o enfoque directo e sinxelo de Denton na composición de cancións dálle ás súas melodías espazo para brillar á vez que ofrece unha visión xenuína da súa vida e pensamentos.
Enlaces: Imaxe | Vídeo | Bandcamp