Libreto e dirección escénica: Iria Azevedo
Dirección musical: Javier Otero Neira
Fatma: Esperanza Mara
Sombra: Nerea Brey
Composición, piano, electrónica e programacións: Javier Otero Neira
Visuais: José Díaz
Iluminación: José Faro «Coti»
Escenografía e vestiario: Iria Azevedo
Movemento escénico: Rut Balbís
Asistente de dirección: Arantza Vilar
Produción executiva: José Díaz
Pálido punto azul é unha ópera contemporánea que toma como punto de partida a famosa fotografía capturada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6 000 millóns de quilómetros da Terra. Unha petición de Carl Sagan e a derradeira imaxe da Terra antes de apagar definitivamente as cámaras. O punto de partida para amosar a insignificancia e fraxilidade do noso planeta como un pequeno punto azul na inmensidade do espazo. Unha representación do lugar que ocupa a humanidade no Universo a través de diferentes dimensións artísticas (música e libreto, visuais e performance). Unha viaxe que percorre o Ser, o Estar e o Parecer en busca de «instrucións» para saber diferencialos.
«Todo o que buscamos convértese nunha mera representación».
PÁLIDO PUNTO AZUL
Unha produción de Javier Otero Neira e Culturactiva co apoio da Xunta de Galicia (Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude), da Deputación de Pontevedra (Área de Cultura) e do Concello da Estrada. Coa colaboración de Inversia Seguros e Wecom. Creado en residencia co apoio do Teatro Principal da Estrada, NONONON lab, CMUS Profesional de Música de Santiago de Compostela.