CONTEMPORÁNEAS · HOW CAN I HELP YOU · VERTIXE SONORA

DATOS BÁSICOS

VERTIXE SONORA

Mariona Anglada, DAISY (actriz) | Ana Sánchez, violín | Pablo Coello, saxofón | Iago Ríos, trombón | Henrique Almeida, guitarra eléctrica | Carlos Méndez, contrabaixo | David Durán, teclados | Diego Ventoso, percusión | José del Avellanal e Bernat Pont, electrónica, vídeo e iluminación | Laia Pont, asistente de iluminación e renderización 3D 

HOW CAN I HELP YOU*

Para ensemble controlado mediante software de Intelixencia Artificial.
Creadores: José del Avellanal e Bernat Pont

*Estrea absoluta. Co apoio de OSCIC (Oficina de Suport a la Iniciativa Cultural, Generalitat de Catalunya)

How can I help you é un espectáculo multimedia de estrea mundial arredor do primeiro programa de Intelixencia Artificial, ‘Eliza’, deseñado por Joseph Weizenbaum no MIT nos anos 60. Dividido en cinco partes, nunha reflexión sobre intelixencia artificial e comunicación, o espectáculo foi desenvolto en exclusiva para Vertixe Sonora polos creadores José del Avellanal Carreño e Bernart Pont, que propoñen unha interacción home-máquina que conecta Chat GPT coas primeiras experiencias de IA.  A proposta xorde da fascinación por ‘Eliza’, o software creado por Joseph Weizenbaum no MIT nos anos 60 co obxectivo de estudar a comunicación entre humanos e ordenadores. Unha versión do programa acadou gran popularidade na época, propoñendo unha relación psicoterapeuta-paciente entre ordenador e usuario.  Debido á súa relativa sofisticación no recoñecemento de patróns, conseguiu convencer a un gran número de usuarios de que se estaban comunicando cunha persoa real. Foi un dos primeiros programas da historia en superar a proba de Turing. O gran éxito de ‘Eliza’ na replicación da conversación natural e a sobreestimación das súas posibilidades por parte dos seus usuarios levaron a Weizenbaum a publicar en 1966 un famoso artigo no que desmitificaba o programa e explicaba o seu funcionamento.

Joseph Weizenbaum (1923, Berlín-2008, Ludwigsfelde). Informático, profesor e autor cuxa influencia no campo da intelixencia artificial (IA) foi profunda e controvertida. Profesor emérito de Informática do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e considerado un dos pais da cibernética, a súa creación máis famosa, ‘Eliza’, foi un dos primeiros programas en demostrar a capacidade dunha máquina para interactuar cos seres humanos dun xeito que parecía comprensivo e sensible. Non obstante, a pesar das súas contribucións ao desenvolvemento da IA, Weizenbaum tamén foi un feroz crítico da forma en que se utilizaba a tecnoloxía e das promesas esaxeradas dos seus colegas.

Entradas: 
  • Entrada de balde até completar capacidade
Funcións: 
Mércores, 11 Decembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia