Cineuropa 38

DATOS BÁSICOS

A 38ª edición de Cineuropa botará a andar o vindeiro xoves, 7 de novembro, no Teatro Principal coa proxección da película francesa Por todo o alto (En Fanfare), de Emmanuel Courcol. Estreado na sección oficial do último Festival de Cannes, o filme chega a Compostela tras facerse co premio do público no Festival de San Sebastián. Co seu ton celebratorio e emotivo, serve de porta de entrada a 18 días de programación nos que o festival proxectará máis de 130 títulos, alén de promover numerosas actividades paralelas, entre as que se inclúen iniciativas especificamente dirixidas á mocidade e á rapazada.

O cineasta ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid García-Jonsson e a realizadora brasileira Flávia Castro recibirán o máximo galardón do festival nesta edición

A directora, guionista e actriz Sonia Méndez, a documentalista Flávia Castro e a xornalista e programadora María José Santacreu compoñen nesta ocasión o Xurado Internacional do Certame

O Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX e a Zona C son as sedes da 38ª edición de Cineuropa

As entradas e bonos poranse á venda este martes ás 16 horas na Zona C e na web compostelacultura.gal 

 

 

 

 

 

Entradas: 
  • Información en breve
Funcións: 
Xoves, 7 Novembro, 2024 a Domingo, 24 Novembro, 2024
Varios lugares