CINECLUBE COMPOSTELA X CURTOCIRCUÍTO · ROBERTO VIDAL BOLAÑO

DATOS BÁSICOS

Sesión especial

Coa filosofía de recuperar o patrimonio inmaterial da cidade de Santiago e de Galicia, retomamos a colaboración co Cineclube de Compostela para render tributo á figura do dramaturgo, director de escena e actor Roberto Vidal Bolaño, persoeiro fundamental das rúas de Compostela e axente  cultural e social imprescindible da cidade na segunda metade do  s.XX. Principalmente coñecido polo seu traballo vinculado ás artes escénicas, a súa obra esconde unha cara b vecellada ao cinema e, sobre todo, á televisión. Nun contexto de emerxencia audiovisual, ao albor da nacente TVG e outras iniciativas, o creador compostelán desenvolveu unha serie de proxectos visuais pouco coñecidos polo gran público que agora queremos poñer en valor. A sesión contará coa presenza de Roi Vidal, fillo de Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) iniciouse no mundo teatral da man do grupo Antroido, no cal representou como actor as súas primeiras obras e convertiu na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, poñendo en escena (en colaboración co Centro Dramático Galego) en 1984 a súa obra Agasallo de sombras.

Ademais da dramaturxia, escribiu guións para a Televisión de Galicia e para Televisión Española. Traballos como Malos Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios son da súa autoría. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Branco Amor (O Noxo) e participou como actor en varias series televisivas como Mareas vivas.

No ano 2001, representou co Centro Dramático Gallego Rosalía, que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958. A súas últimas actuacións foron no grupo "Teatro do aquí", súa compañía dos últimos anos.  

A obra de Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Defendeu unha recuperación do teatro popular, cultivou o teatro histórico e ademáis das  influencias de Otero Pedrayo tivo como referente o teatro de Valle-Inclán. As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. 

 

Duración: 
120 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Durante a celebración do festival (do 3 ao 8 de outubro) desde 1 h antes do inicio da primeira sesión hasta o inicio da última sesión de cada día. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 349.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA

Info práctica: 
Mércores, 4 Outubro, 2023
20:15
Teatro Principal