Ciclo de piano Ángel Brage
Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebrará o regreso tan agardado do gran pianista e compositor turco Fazil Say e no que se escoitará a estrea española da súa peza A mansión andante. Despois, Fazil tocará o fermosísimo concerto de Mozart en Do Maior núm. 21 e, a seguir, a orquestra interpretará unha das nosas músicas favoritas, a 7ª Sinfonía de Beethoven. Para garantir unha nova versión destas icónicas pezas conviadamos a un director cun gran futuro, Can Okan.
Can Okan, director
Fazil Say, piano
Fazil Say: Yürüyen Köşk (A mansión andante)*
Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para piano núm. 21 K.467, en Do maior
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 7, op.92 en La maior
* Estrea en España