Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
CINEUROPA · CLAUSURA
LES FANTÔMES / A REDE FANTASMA (2024) Jonathan Millet Francia / 106 min / Ficción / Francés, árabe, inglés Ficha artística: Adam Bessa, Tawfeek Barhom, Julia Franz Richter, Hala Rajab Ficha técnica: Guión: Jonathan Millet, Florence Rochat Fotografía: Olivier Boonjing Edición: Laurent Sénéchal Produción: Pauline Seigland, Nicole Gerhards, Julie Esparbes Sinopse: Hamid é un profesor sirio que foi forzado ao exilio pola brutalidade do réxime do seu país. Decide unirse a un grupo secreto dedicado a perseguir e capturar os líderes responsables da represión e sufrimento do seu pobo. Despois de anos de dor e recordos indelebles, a súa misión lévao a Francia, onde segue o rastro dun home que simboliza o seu peor pesadelo: o seu antigo torturador, un oficial de alto rango que agora vive na clandestinidade. A loita de Hamid pola xustiza mestúrase cun desexo de vinganza que o consome. Jonathan Millet (París, Francia) estudou filosofía antes de se embarcar nunha viaxe por máis de 30 países e de filmar en lugares como Sudán, Paquistán e Irán. Esta experiencia marcou profundamente o seu traballo como director. Millet dirixiu curtametraxes de ficción, como Et toujours nous marcherons e La veillée, seleccionadas en prestixiosos festivais, e mais documentais, entre os que se inclúen Ceuta, douce prison (2014) e Dernières nouvelles des etoiles (2018). Este filme é o seu debut na longametraxe.
Seleccionada para a sección Semana da Crítica do Festival de Cannes 2024
De balde previa retirada de convites (dispoñibles o día 21 de novembro)
INFO XERAL ENTRADAS CINEUROPA
Bono 10 películas: 30 euros
Catálogo: 2 euros
PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:
compostelacultura.gal
Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349
EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:
NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.
PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA