CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
CENT MILLE MILLIARDS / CEN MILLÓNS DE MILLÓNS (2024)
Virgil Vernier
Francia / 77 min / Ficción / Francés
Ficha artística: Zakaria Bouti, Victoire Song, Mina Gajovic
Ficha técnica:
Guión: Virgil Vernier, Benjamin Klintoe
Fotografía: Jordane Chouzenoux
Edición: Charlotte Cherici
Produción: Jean des Forêts, Amélie Jacquis
Sinopse:
Afine é convidado a pasar as festas de Nadal cunha vella amiga, Vesna, que coida de Julia, unha nena de doce anos filla duns pais ricos e ocupados que están a traballar nun proxecto en Mónaco. Nunha conversa nocturna, Julia desvela un mundo de palacios e diamantes, expoñendo a Afine a unha realidade máis grande e transformando o rumbo da súa vida para sempre.
Virgil Vernier (París, Francia). Leva facendo películas dende o 2001. Os seus filmes combinan ficción, documental e mito, buscando darlles voz a personaxes contemporáneas, e prestándolles asemade especial atención ás paisaxes e ás historias que as arrodean. As súas películas proxectáronse en Cannes, Locarno, IndieLisboa, Berlín, Róterdam e San Sebastián.
Sección oficial no Festival de Locarno 2024