CC_ENCONTRO CON AGAG

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Encontro con AGAG: ‘O espazo creativo nas novas plataformas’

Directores e guionistas danse cita neste encontro para analizar o impacto das novas plataformas nos procesos de creación. Moderado polo sindicato de guionistas AGAG, esta conversa busca contrapoñer a fisicidade de tradición fronte a un novo panorama dixitalizado e onde a premia unha maior liberdade. 'O espazo creativo nas novas plataformas' pretende non responder ás cuestións actuais, senón intentar adiviñar como será o futuro das mesmas.
 
Modera: Araceli Gonda
Participan: Brandán Cerviño e David Fidalgo Omil (seleccionados en Planeta GZ) e Adrián Canoura (Seleccionado en Sección Oficial Explora).

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada gratuíta. Reserva de convite obrigatoria.

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Xoves, 8 Outubro, 2020
16:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)