CURTOCIRCUÍTO 2020
FOCO DENNIS HOPPER - THE LAST MOVIE
Esta sección pretende recoller e loar a obra de cineastas consolidados que sexan un referente para as cinematografías menos ortodoxas. Un lugar para aqueles que abriron ou abren camiños na linguaxe fílmica.
The Last Movie
Dennis Hopper | 1971 | 1:48:00 | EEUU | FIC | COR
“The Last Movie é unha cousa que fixen no Perú. Gañei con ela o Festival de Cine de Venecia, e Universal Pictures non quixo distribuíla. Hai que pensar un pouco en Godard ao vela. Fíxena porque lin que el dixera que as películas deben ter un comezo, un desenvolvemento e un final, pero non necesariamente nesa orde. Tentei utilizar a película igual que o expresionismo abstracto utilizaba a pintura como pintura. En todo momento deixo claro que estamos a facer unha película —en todo momento me refiro á posibilidade de que un estea facendo o parvo sentado entre o público, coa película absorbéndote e ti empezando a crela— e despois arríncote dela dunha sacudida. Para a meirande parte do público non é unha experiencia moi agradable.” (Dennis Hopper)