CASTELAO POLO MIÚDO· OBRADOIRO DE DEBUXO CON KIKO DA SILVA

DATOS BÁSICOS

CASTELAO POLO MIÚDO

OBRADOIRO DE DEBUXO CON KIKO DA SILVA SOBRE O 'COUSAS' DE CASTELAO

Actividade arredor da mostra 'Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia'

Para a rapaza de 10 anos en diante

A mostra 'Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia' busca transcender as paredes da Sala Isaac Díaz Pardo cun amplo abano de actividades que, a cabalo entre disciplinas, afondan dende diversas perspectivas no legado e o universo creativo de Caslelao. 

Para que o público miúdo tamén poida mergullarse na súa obra, ábrese un obradoiro de debuxo inspirado no volume Cousas, que será conducido polo humorista gráfico e viñetista Kiko da Silva. 

A participación é de balde previa inscrición até o 28 de marzo.

Duración: 
75 min (aprox.)
Acceso: 
  • De balde previa inscrición neste FORMULARIO
  • As prazas cubriranse por orde de solicitude e enviarase confirmación da praza ao enderezo electrónico facilitado no formulario de inscrición
Info práctica: 
Sábado, 29 Marzo, 2025
12:30
Auditorio de Galicia