CASTELAO
CULTURACTIVA
Idade recomendada: > 6 anos
Duración: 60 min
Lingua: galego
Foco Creadoras de escena
Antes de marchar para Arxentina, Daniel desaparece. A nai non sabe onde buscalo. O neno Castelao pode estar xogando aos naufraxios cos barcos de cortiza, ou no camiño a ningures que lle amosara a súa avoa, ou subido no campanario a escoitar as historias da Santa Compaña, ou na Cova dos Carcamáns, á beira da dona encantada que sae peitearse de mañá cedo, ou escoitando profundar ao barbeiro de sábado, ou pintando as máscaras do Entroido. E si, o neno Castelao anda a voltas por Rianxo, acompañado por Baltasara, que vive en todas partes e non ten casa ningunha, debuxando retratos para levar canda si ao outro lado do océano. Nesa tarde, Daniel e Baltasara poñen a vila do revés coas súas falcatruadas, libres e felices, e o mar agarda.
Queda pouco tempo antes de que Castelao e súa nai partan cara a Arxentina.
Autora: Paula Carballeira
Directora: Fina Calleja
Elenco: Mónica Camaño e Cris Collazo
Composición musical: Ramón Raíndo
Proposta espazo escénico: Carlos Domínguez Del Río
Deseño de iluminación: Abrahán Sande
Deseño de vestiario: La Canalla
Deseño imaxe e material gráfico: Rocío Cibes, Víctor Rivas
Produción e distribución: Culturactiva S. Coop. Galega