CASA PORTUGUESA

DATOS BÁSICOS

CASA PORTUGUESA
TEATRO NACIONAL DONA MARIA II

Idade recomendada: > 14 anos
Duración: 110 min (aprox.)
Lingua: portugués con subtítulos 
Foco Memoria en escena
 

Casa Portuguesa conta a historia (ficcional) dun ex soldado da Guerra Colonial que, dialogando coas súas pantasmas, se ve confrontado coa decadencia e a transformación do ideal de casa, de familia, de país e do canon da figura paterna. Un retrato do que foi, do que é e do que poderá ser (ou non ser) a célula familiar patriarcal por excelencia, a casa, tendo como pano de fondo os acontecementos recentes da democracia portuguesa e revisitando a máis dolorosa das feridas abertas da historia do país. 
En data incerta, talvez ao final dos anos 40, nun bar dun hotel en Mozambique, tres portugueses escriben a canción Uma casa portuguesa, un fado pobre e alegre que reproduce un saudosismo estereotipado dunha idea de Portugal, ben ao gusto da ideoloxía do Estado Novo. Fado que, pasados 48 anos de vida democrática, aínda moitos portugueses saben de memoria. 
En 1968, Joaquim Penim, parte, a contragusto e contra a súa ideoloxía, cara á Guerra Colonial en Mozambique, experiencia que servirá de materia, moitos anos despois, para o seu libro No Planalto dos Macondes. En 2021, Emanuele Coccia edita Filosofía Della Casa, un ensaio que describe a casa como un espazo en que inxustizas, opresións e desigualdades foron escondidas e reproducidas mecanicamente durante séculos. É na casa e a través da casa, por exemplo, que se xera a maior parte da violencia sexual, que se privilexia a heteronormatividade e o racismo. É da conxugación destes tres materiais – fado, diario de guerra e ensaio filosófico – que nace este espectáculo do Teatro Nacional D. Maria II

Texto e dramaturxia: Pedro Penim
Elenco: Carla Maciel, João Lagarto, Sandro Feliciano e Fado Bicha (Lila Tiago e João Caçador)
Escenografía: Joana Sousa
Vestiario: Béhen
Iluminación: Daniel Worm d’Assumpção
Deseño de son e tema orixinal: Miguel Lucas Mendes
Canción final: João Caçador (música), Lila Tiago (letra), Miguel Madeira (produción)
Carpintaría: Filipe Dominguez
Graffiti: Claúdio Sena
Cartel: Cristiana Morais (foto), André Barreto (asistencia), Beatriz Texugo (maquillaxe), Bárbara Lizardo (composición gráfica), R2 (deseño)
Asistente de dramaturxia: Bernardo de Lacerda
Produción: Teatro Nacional D. Maria II
Fotos: Filipe Ferreira


 
Duración: 
110 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 14 Xuño, 2025
20:30
Teatro Principal
Domingo, 15 Xuño, 2025
20:30
Teatro Principal