CARABELA

DATOS BÁSICOS

GALEATRO

(Teatro)

Idade recomendada: 2º a 5º Primaria

Duración: 50 min

Lingua: galego

 

Carabela é un espectáculo de Galeatro con texto de Paula Carballeira. A peza conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

Duración: 
50 min
Entradas: 
Funcións: 
Martes, 4 Febreiro, 2025
10:00
Teatro Principal
Martes, 4 Febreiro, 2025
12:00
Teatro Principal