CINEUROPA · 40D
CAPITÁN KÓBLIC (2016)
Sebastián Borensztein
Arxentina / 92 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Ricardo Darín, Óscar Martínez, Inma Cuesta, Marcos Cartoy Díaz
Ficha técnica:
Guión: Sebastián Borensztein, Alejandro Ocón
Fotografía: Rodrigo Pulpeiro
Edición: Pablo Blanco, Alejandro Carrillo Penovi
Produción: Pampa Films, Gloriamundi
Sinopse:
Durante a ditadura militar arxentina (finais dos 70) o excapitán da Armada Tomás Kóblic participou nos voos da morte, denominados así porque se botaban vivas ao mar as persoas detidas-desaparecidas. Cando deixa a Armada, Kóblic refúxiase en Colonia Helena, onde impera a lei do comisario Velarde, un delincuente con uniforme policial, líder dunha banda que se dedica ao roubo de gando e que ten escuras conexións con xerarcas militares.
Mellor fotografía e mellor actor de reparto, para Óscar Martínez, no Festival de Málaga 2016