CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
BUSCANDO A SANTA COMPAÑA (2024)
Fernando Cortizo
Galicia / 82 min / Documental / Galego
Ficha técnica:
Guión: Fernando Cortizo
Fotografía: Fernando Cortizo
Edición: Fernando Cortizo
Producción: Fernando Cortizo, Isabel Rey
Tras a proxección, coloquio co equipo responsable do filme
Sinopse:
Esta película recolle a busca contrarreloxo das derradeiras testemuñas dun fenómeno que atemorizou a toda unha poboación durante séculos. Son os fráxiles bastións dunha cultura ancestral agonizante, invisibilizada nun mundo cada vez máis homoxéneo e globalizado. O multipremiado director de cine Fernando Cortizo embárcase nesta trepidante aventura tras a misteriosa lenda galega da Santa Compaña. Unha investigación con formato de roadmovie documental realizada coa intención de aclarar que é o que se agocha tras esta crenza milenaria.
Fernando Cortizo (Santiago de Compostela). Leva máis de 20 anos traballando no sector audiovisual, centrado principalmente no terreo documental e no sector da animación. Con O Apóstolo conseguiu o gran logro de realizar a primeira longametraxe de animación elaborada con tecnoloxía stop-motion estereoscópica rodada en Europa. Con esta película acadou unha nominación aos Premios Goya, a preselección aos Óscars e seis premios da Academia Galega, incluídos mellor director e mellor película.
Sección oficial no OUFF 2024
Sección Aquelarres no PUFA-Pucela Fantástica 2024