EN FAMILIA · XOGAMOS NA CASA!
Idade recomendada: de 1 a 12 anos
Duración: 2 h
Lingua: galego
ASOCIACIÓN ENREDOS
Carracas, trompos, zancos, estornelas, chaves ou ras son só algúns dos trebellos característicos dos xogos tradicionais e populares que ao longo dos anos fixeron brincar á rapazada. A Asociación Enredos leva á Casa das Máquinas unha feixe de propostas para xogarmos coma antes, ou coma sempre, e redescubrir e gozar do patrimonio lúdico galego.