BOB TREVINO LIKES IT

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 

SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA INTERNACIONAL

BOB TREVINO LIKES IT (2024)

Tracie Laymon

Estados Unidos / 102 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Barbie Ferreira, John Leguizamo, French Stewart

Ficha técnica:

Guión: Tracie Laymon

Fotografía:  John Rosario

Edición: Anisha Acharya

Produción: Tracie Laymon, Sean Mullin, Edgar Rosa, Felipe Dieppa, Heather Denton

Sinopse:

Unha moza de vinte anos que loita contra a soidade e a insatisfacción persoal atopa accidentalmente a un descoñecido en Facebook que comparte o mesmo nome ca o seu egoísta pai: Bob Trevino. Decidida a pechar as feridas do pasado, comeza a falar con el. A medida que a súa relación avanza, este home convértese nun inesperado apoio que lle da ánimos á moza, desafiando a súa percepción sobre as relacións e a familia. A través das súas conversas, ofrécelle á protagonista a perspectiva que lle faltou durante toda a súa vida, axudándoa a comprenderse a si mesma e a súa historia.

Tracie Laymon (Houston, Estados Unidos). É unha talentosa guionista, produtora e directora. Estudou na Escola América de Moscú e regresou aos Estados Unidos para se mergullar no mundo do cine na Universidade de Texas en Austin. Tras un tráxico accidente aos 17 anos, fundou a súa produtora "Fractured and Fused Films". Durante a súa etapa universitaria, traballou en Detour Films e como fotógrafa para Time Warner News, o que lle deu a experiencia necesaria para crear curtametraxes e vídeos musicais. Obtivo recoñecemento en festivais internacionais, como o SXSW. Este é o seu debut na longametraxe.

Gañadora do gran premio do xurado e do premio do público no festival SXSW- South by South West 2024

Premio do público na sección oficial da Seminci 2024

Duración: 
102 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

Funcións: 
Domingo, 10 Novembro, 2024
20:15
NUMAX
Domingo, 17 Novembro, 2024
16:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA