BMSC_SAN MARCOS: A PAIXÓN

DATOS BÁSICOS

Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela

Xunta de Cofrarías de Santiago de Compostela

Director: David Fiuza

Mezzosoprano: Sonia Bouzada

Barítono: Gabriel Alonso

Narrador: Alejandro Piñeiro

Temporada 22/23 SONARTE: Abril, a Literatura

 

“San Marcos: a paixón”

Por fin, un oratorio sobre a Paixón de Cristo orixinal para banda, concibido sen coro, mais con voces solistas líricas que representan a Xesús e a María Magadalena e unha voz narradora que pon vida ó evanxelista San Marcos, utilizando o texto do Evanxeo na súa totalidade.

Este texto é recitado polo evanxelista sobre unha música que transmite a atmosfera da historia, alternándose con arias para os cantantes, que utilizan textos dos corais existentes con música totalmente nova, integrando un todo para dar unha singular expresión á paixón de Cristo.

Texto do compositor (Jacob de Haan)

 

PROGRAMA

Jacob de Haan: MARKUS – PASSION (oratorio de Pascua)

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

RETIRADA DE ENTRADAS:

  • EN LIÑA 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Convite válido ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Unha vez pasado o prazo a organización poderá utilizar as prazas non ocupadas.
Funcións: 
Sábado, 1 Abril, 2023
18:00
Teatro Principal