Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
Director: David Fiuza
Actriz & actores: Cristina Collazo, Anxo García e Martiño Mato
Temporada 22/23 SONARTE: Xaneiro, o Teatro
“A familia Brañas”
“Emprender unha viaxe na procura dun futuro mellor”
Con esta premisa FRANKI e LOBIS deciden partir de Lamas e atravesar o perigoso estreito de AUGAS FÉTIDAS. Mais no medio do camiño atópanse coa SANTA COMPAÑA, unha banda de músicas errantes dirixidas e encabezadas pola temible e cruel MORTE, á que se unen pensando que tamén van na procura da boa vida, e... vaia se van! MORTE coa axuda das MOIRAS, intenta sacar tallada da confusión dos dous vivos para facelos “pasar a mellor vida”.
Porén, a pobre MORTE síntese solitaria e abandonada, ninguén chama para saír cear, ninguén a convida a sair... FRANKI e LOBIS intentarán levantarlle o ánimo e convencela de que vaia con elas.
Serán quen de conseguilo?
Sairase MORTE coa súa?
Vén descubrir as peripecias dunha familia moi especial...
PROGRAMA
Manuel Otero Paino: A FAMILIA BRAÑAS (musical)