BMSC · O NENO DE PAU

DATOS BÁSICOS

Recomendado para alumnos/as de Infantil, 1º e 2º Primaria

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

David Fiuza Souto, director

Cristina Collazo, actriz

Programa:

  • Toni Cantal:  O neno de pau -conto musical-

(Música)

SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º primaria

Duración: 45 min

Lingua: Galego

 

 

Nun país habitado por fadas, trasnos e outros encantos todo era felicidade, xogos e risas. Un día, un trasno de nome Rosmón decidiu que xa non aguantaba máis tanta alegría, botou un arroto e berrou un esconxuro. Ao que lle alcanzase o arroto convertíao nunha estatua de pedra, pero unha das fadas foi quen de agocharse nun carballo e salvarse do feitizo. Iso si, tiña que quedar alí e non saír, a non ser que soubese a resposta dunha adiviña.

Paula e o seu avó vivían tranquilos nunha pequena vila. A nena estaba de aniversario, así que foron os dous en busca dun fermoso agasallo a unha carpintería onde facían bonecos. Paula escolleu entre todos eles e elixiu un bonequiño de madeira de carballo, mesmo parecía un neno de pau.

Paula xogaba horas e horas con aquel boneco, pero un día, cando menos o esperaba, o boneco comezou a falarlle. Ela case morre co susto, pero ao final entendeu que quen lle falaba non era o boneco, senón unha fada que vivía dentro del e que non podía saír por culpa do feitizo do trasno. Tras oír a súa historia, Paula decidiu que ía axudar á fada a buscar a solución da adiviña. Necesitarán moito enxeño para superar os obstáculos que atopen no camiño e moita axuda. Serán quen de conseguilo? 

Duración: 
45 min
Entradas: 
  • Gratuíto, previa reserva a través do formulario que mandaremos aos centros de ensino en setembro
Funcións: 
Xoves, 2 Novembro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 2 Novembro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 3 Novembro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 3 Novembro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia