A Banda Municipal de Música é unha institución que xa leva máis de 176 anos vencellada a nosa cidade, e polo que, nesta nova temporada 2024/25, imos unir, o pasado co presente e así, construir o noso futuro. Durante a súa etapa na primeira metade do Século XX, a Banda facía os concertos no Paseo da Alameda, e chamábanse PASEOS, de aí o título desta temporada, na que pretendemos facer un percorrido polas distintas rúas, sitios e lugares máis emblemáticos da nosa marabillosa cidade…
Cada concerto vai levar o subtítulo dun paseo.
“De Fonseca ao Burgo das Nacións”
O concerto vai ser un paseo imaxinario a través da MÚSICA!!!