BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(Música)
Casiano Mouriño, director
Vicente Couceiro, narrador
Música: Carlos M. Cambeiro / Instrumentación para Banda Sinfónica de Casiano Mouriño
Texto: Ana Mª Fernández e Xoán Babarro
Idade recomendada: Primaria
Duración: 50 min
Lingua: galego
Neste proxecto a Banda Municipal de Música de Santiago baixo a dirección de Casiano Mouriño, combina narración oral, música e literatura infantil galega, a través das distintas sonoridades da Banda. Coa narración de Vicente Couceiro, preséntase unha linguaxe literario-musical que nos introduce dunha maneira moi sinxela, divertida e educativa, nun mundo real de fantasía.
“Os xigantes de nunca acabar” de Ana Mª Fernández e Xoán Babarro, trata de tres xigantes superliantes, superterribles e superxigantes que pasaban o ano discutindo por ver cal deles puña máis medo a xente que vivía en “País de Conto”. Unha terra de era e non era, que existe agora e que existiu noutrora e que pode estar dentro e fora. Pero un día, chega Trampolín, o ananiño contador de historias, e todo cambia.
Unha proposta na que os instrumentos de vento dan vida aos distintos personaxes, na que iremos coñecendo e descubrindo as súas formas máis características, tanto morfolóxicas coma sonoras. Unha historia para coñecer máis de preto ás bandas de música como protagonistas sen perder a esencia dun conto musical.
PROGRAMA
Carlos M. CAMBEIRO (1958) Inst. para Banda Casiano Mouriño (2022)
OS XIGANTES DE NUNCA ACABAR, Conto infantil (2012)
(Texto de Xoán Babarro e Ana Mª Fernández)
- Presentación dos protagonistas cos instrumentos
musicais que os representan.
- PONCHO (O escacharrouchas), representado polo TROMBÓN
- PANCHO (O perseguerranchos), representado pola TUBA
- PINCHO (O machucaplantas), representado polo BOMBARDINO
- A ALCALDESA PAZ, representada pola TROMPETA
- TRAMPOLÍN, representado pola TROMPETA PICCOLO
- Coro inicial. Presentación de Poncho. Canción de Poncho. Presentación de Pancho. Canción de Pancho. Presentación de Pincho. Canción de Pincho. O apareceren no alto das montañas. Dende os tres montes empezaron a…Reunión dos veciños. A alcaldesa Paz. Canción 1 e 2 de Trampolín. No centro da Praza Maior. Canción do contrato. Canción 3 de Trampolín. Conversas cos Xigantes. Canción 3 de Trampolín (bis 1). Conversas cos Xigantes 2. Canción 3 de Trampolín (bis 2). Conversas cos Xigantes 3. Canción do Reloxo. Canción para medrar. Canción para Enanecer. Canción da Amizade. Coro Final.