BLUE SUN PALACE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS

BLUE SUN PALACE (2024)

Constance Tsang

Estados Unidos / 116 min / Ficción / Mandarín, inglés

Ficha artística:

Lee Kang Sheng, Ke-Xi Wu, Haipeng Xu

Ficha técnica:

Guión: Constance Tsang

Fotografía: Norm Li

Edición: Caitlin Carr

Produción: Sally Sujin Oh, Eli Raskin, Tony Yang, Evaline Wu Huang

Sinopse:

Didi e Amy son dúas inmigrantes chinesas asentadas no barrio de Flushing, en Queens, Nova York, que loitan por un futuro mellor lonxe da súa terra. Didi traballa no salón de masaxes Blue Sun Palace mentres soña con abrir un restaurante en Baltimore xunto con Amy, unha talentosa cociñeira. Pero os seus soños esboróanse ao sufriren unha violenta agresión que deixa a Amy sumida nunha fonda depresión. No medio do loito e da dor, un vencello inesperado entre as dúas amigas tórnase unha poderosa forza. Unha historia conmovedora sobre resiliencia, esperanza e a busca dun fogar no descoñecido.

Constance Tsang (Hong Kong, China). Directora e guionista, graduada en cinema na Universidade de Hong Kong. Comezou a súa carreira no mundo da curtametraxe, e un dos seus traballos neste formato, The Paper Man (2018), foi seleccionado en diversos festivais internacionais, consolidando a súa reputación. Actualmente Tsang está a desenvolver novos proxectos que exploran temas sociais e culturais a través da súa persoal maneira de ver as cousas. Blue Sun Palace é a súa ópera prima.

Premio do xurado na Semana da Crítica do Festival de Cannes 2024

Sección oficial Punto de Encontro da Seminci 2024

 

Duración: 
116 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Venres, 8 Novembro, 2024
20:00
Salón Teatro
Martes, 19 Novembro, 2024
17:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

BIFF2024 Trailer l 블루 선 팰리스 Blue Sun Palace l 아시아영화의 창