CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
BIRD (2024)
Andrea Arnold
Reino Unido / 119 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Barry Keoghan, Franz Rogowski, James Nelson-Joyce, Jasmine Jobson, Rhys Yates, Joanne Matthews, Frankie Box, Nykiya Adams, Jason Buda
Ficha técnica:
Guión: Andrea Arnold
Fotografía: Robbie Ryan
Edición: Joe Bini
Produción: Lee Groombridge, Juliette Howell, Tessa Ross
Sinopse:
Bailey é unha nena de 12 anos que vive co seu pai, Bug, e mais co seu irmán Hunter nunha casa ocupada no norte de Kent. Bug non ten moito tempo para os seus fillos e Bailey, que se achega á puberdade, busca atención e aventuras fóra da casa. Nesa procura coñece na rúa a un home que se fai chamar Bird e que parece ser a única persoa cun sorriso para Bailey no seu problemático e amargo universo. Un vitalista drama social cun toque fantástico.
Andrea Arnold (Dartford, Reino Unido). É unha directora e guionista considerada como unha das cineastas máis destacadas do cinema contemporáneo. Gañou un Óscar no 2005 coa súa curtametraxe Wasp. Entre as súas longametraxes máis aclamadas destacan Red Road (2006), Fish Tank (2009) e American Honey (2016), polas que recibiu premios en Cannes e noutros festivais internacionais.
Candidata á Palma de Ouro no Festival de Cannes 2024