NOVA GALEGA DE DANZA
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 min
Lingua: galego
Foco NeoTrad
Berro representa o baleiro que supón ser persoas soas e illadas nunha sociedade sen memoria que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral –a tradición, a terra, a raíz, a familia e a casa– a través da experiencia colectiva, sentindo a transformación na expresión do corpo. Por medio de movementos pixelados que nacen do detalle, pausas, silencios e accións símbolo da lembranza ou a memoria da frase tradicional galega, como a expresión física e emocional, o elenco de bailaríns reproduce unha coreografía que conta coa dirección artística de Sharon Fridman, profesional israelí que ten traballado con agrupacións de todo o mundo e levado recoñecementos como o premio Max á mellor coreografía. Nesta ocasión, ao habitual corpo de baile da compañía (no que se atopan o gañador dun premio Max, Iván Villar, e os candidatos Ricardo Fernández e Inés Vieites) súmase o director de Nova Galega de Danza, o ferrolán Jaime Pablo Díaz. Asina a música Sergio Moure de Oteyza, candidato ao Goya á mellor banda sonora e habitual na equipa nestes vinte anos de percorrido
Dirección: Jaime Pablo Diaz
Dirección artística: Sharon Fridman
Música: Sergio Moure de Oteyza Coreografía: Sharon Fridman – Bailaríns NGD
Asistente de coreografía: Melania Olcina Elenco: Inés Vieites, Estefanía Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández, Iván Villar, Jaime Pablo Diaz
Coordinación de produción e asistencia á dirección técnica: Ana Díez
Escenografía: Ikerne Giménez
Iluminación: Sharon Fridman e Dani Pais
Vestiario: Ikerne Giménez
Asesoramento de vestiario: Olga Kirk
Xastra: Inma Gómez (KKUM_Atelier)
Deseño de espazo sonoro: Alberto Beade