FESTIVAL C 2021
Bergamotto Show
Cía Bergamotto
Paseo Central da Alameda
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 45 min
Premio de votación popular dos XI Premios Zirkòlika de Circo de Cataluña 2020
Premio do público no XIII Encuentro Entrepayasos de Zaragoza
Produción: Bergamotto & Co.
De e con Pasquale Marino
Obxectos de escenario: Silvia De Leonardis
Séntese e reláxese: Bergamotto camiña na procura de novos amigos... Humor, fantasía e xogo mestúranse para tocar todos os matices da felicidade - o sorriso, o suspiro, a énfase, a espera, o estupor e a tenrura – e chegar a un público de todas as idades. Sen palabras. Baseado no humor branco, no xogo e a improvisación constante co espectador.