MARTA ALONSO TEJADA
(Danza)
Idade recomendada: ESO e Bacharelato
Duración: 60 min
Lingua: Galego
Bailar agora é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, se achega á corentena. Conta, con grandes doses de humor, o proceso vital para levar a cabo as expectativas artísticas. Un camiño que foxe dos estándares do que nos fan entender por “exitoso”. Altamente satisfactorio e presentando a danza como un elemento fantástico para cumprir os desexos e os soños de cadaquén, aquí, agora, bailando como a un lle pete.