BAILADOR

DATOS BÁSICOS

ÓSCAR COBOS

Idade recomendada: público adulto

Duración: 55 min

Lingua: sen texto

Foco NeoTrad

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada, onde a danza de raíz galega se mestura con outras linguaxes do movemento para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de facer e de entender o son da nosa terra. Bailador reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora e transmisora da nosa sabedoría popular; se o noso baile chegou até os nosos días foi grazas a elas, mulleres eclipsadas da nosa historia que en moitos casos non se atrevían a “levar o baile” por mor de verse rexeitadas nos seus círculos máis próximos. Bailador é unha mostra de respecto, cariño e admiración a todas esas mulleres que, de xeración en xeración, foron quen de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile facendo gala, en moitos casos, de habilidades únicas. Bailador é un espectáculo de mulleres feito por mulleres. É a nosa danza dende o prisma do feminino. Un conto sen historia onde a música e a danza se explican a si mesmas, onde están representadas entre outras, a señora Balbina, de Carcacía, a señora Rosa, de Acevedo, a señora Matilde, de Limiñoa, ou a señora Concepción, de Santa Comba. Bailador é un divertimento apto para todos os públicos, unha contradición en si propia que dá conta de que “nós somos porque elas están, e non ao revés”.

Produción: Óscar Cobos Compañía de Danza

Dirección: Óscar Cobos

Director artístico: Jaime Pablo Díaz

Axudante de dirección: Iván Villar

Coreografía: Óscar Cobos, Jaime Pablo Díaz e Iván Villar

Bailadoras: Ruth Pérez, Nerea Fouz, Rebeca Tallón, Nuria Gesteira, Marta Mosquera, Uxía Portela, Cristina Canosa, Eva Diago e Lorena Toimil

Escenografía e vestiario: Carolina Díguele

Música: Berrogüetto e Sergio Cobos

Deseño e iluminación: Daniel Pais

Son: Francisco Alvarellos

Fotografía: MateStudio

Duración: 
55 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 29 Febreiro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia