AZRAEL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN PARALELA · FANTASTIQUE COMPOSTELA · MARATÓN

AZRAEL (2024)

E. L. Katz

Estados Unidos / 85 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Samara Weaving, Victoria Carmen Sonne, Rea Lest

Ficha técnica:

Guión: Simon Barrett

Fotografía: Mart Taniel

Edición: Ben Baudhuin

Produción: Simon Barrett, Dave Caplan, Dan Kagan

Sinopse:

Nun mundo sumido nun silencio imposto, unha comunidade dominada por mulleres aférrase a rituais antigos e a unha estrutura de poder opresiva. Azrael, unha moza valente e rebelde, desafía estas normas ao escapar da súa reclusión, o que desata a furia de quen a considera un sacrificio necesario para tranquilizar a un antigo demo ancestral. Co destino marcado pola ameaza do sacrificio, Azrael vese obrigada a loitar contra forzas escuras na súa procura desesperada pola liberdade e a supervivencia.

E.L. Katz (Nova York, Estados Unidos). Director e guionista coñecido pola súa capacidade para fusionar a comedia negra e o horror na súa obra. Katz gañou recoñecemento co seu debut cinematográfico, Cheap Thrills (2013), que se converteu nunha obra de culto pola súa trama inquietante e os seus elementos satíricos. A súa obra continúa a chamar a atención de audiencias e críticos, o que reforza a súa posición como un interesante director.

Sección oficial do Festival de Sitges 2024

Duración: 
85 MIN
Entradas: 
  • Entrada de balde previa retirada de convite

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Mércores, 13 Novembro, 2024
19:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Azrael: Exclusive Trailer (2024) Samara Weaving, Peter Christoffersen, Eero Milonoff