APRIL / ABRIL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

APRIL / ABRIL (2024)

Dea Kulumbegashvili

Xeorxia / 134 min / Ficción / Xeorxiano

Ficha artística: Ia Sukhitashvili, Kakha Kintsurashvili, Merab Ninidze

Ficha técnica:

Guión: Dea Kulumbegashvili

Fotografía: Arseni Khachaturan

Edición: Jacopo Ramella Pajrin

Produción: Ilan Amouyal, David Zerat, Luca Guadagnino, Francesco Melzi d’Eril, Gabriele Moratti, Alexandra Rossi, Archil Gelovani

Sinopse:

Trala morte dun bebé durante o parto, a moral e a profesionalidade de Nina, unha xinecóloga obstetra, son cuestionadas. Xorden rumores sobre a súa posible práctica de abortos ilegais para aquelas mulleres que realmente os precisan. A situación desata un intenso debate sobre ética médica e as difíciles decisións que as mulleres deben tomar, poñendo en perigo tanto a carreira de Nina como a súa integridade profesional. A historia explora a complexidade das eleccións e as repercusións que estas teñen na vida das persoas implicadas.

Dea Kulumbegashvili (Tiflis, Xeorxia). A súa primeira obra, Invisible Spaces, foi candidata á Palma de Ouro da Curtametraxe de Cannes no 2014, e converteuse na primeira película de Xeorxia en formar parte da Sección Oficial do prestixioso certame. A súa segunda curta, Léthé, estreouse no 2016 na Quincena dos Realizadores de Cannes e tivo unha destacada proxección en numerosos festivais internacionais. En 2020 estrouse nas longametraxes coa multipremiada Beginning.

 

Premio especial do xurado no Festival de Venecia 2024

Mellor filme da sección Zabaltegi-Tabakalera no Festival de San Sebastián 2024

Duración: 
134 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

Funcións: 
Venres, 15 Novembro, 2024
17:30
Teatro Principal
Venres, 22 Novembro, 2024
19:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

April new clip official - Venice Film Festival 2024