SECCIÓN PARALELA FANTASTIQUE COMPOSTELA
Hugo Lilja, Pella Kagerman
Suecia, Dinamarca / 106 min / Ficción / Sueco, español, inglés
Ficha artística
Emelie Jonsson, Arvin Kananian, Pablo Salvador N.G., Jamil Drissi
Ficha técnica
Guión: Hugo Lilja, Pella Kagerman, Harry Martinson
Fotografía: Sophie Winqvist
Edición: Pella Kagerman, Björn Kessler, Michal Leszczylowski
Produción: Annika Rogell, Nina Bisgaard, Pella Kagerman, Lisa Widén
Logo de devastar a Terra, a poboación humana restante está a lanzar varias naves ao espazo para transportar colonos a Marte, o seu novo fogar. Aniara é unha destas naves espaciais que garante unha viaxe luxosa de tres semanas e sen preocupacións ata o destino final. Creada para parecerse a un inmenso centro comercial, a nave ofrece todos os servizos necesarios para manter satisfeita unha sociedade profundamente consumista e destrutiva. A súa única conexión coa Terra é unha sala especial, onde unha computadora sensible reúne as lembranzas das persoas, permitindo volver experimentar momentos do planeta de orixe.
O que empeza como unha utopía futurista avanza lentamente cara a terreos tenebrosos que achegan o filme ao terror psicolóxico. Aniara foxe dos postulados tradicionais do cinema do espazo para dedicarse á construción dun desasosego profundo cara ao descoñecido. Capaz de cativar ao espectador, non só pola súa coidada dirección artística senón tamén polas interpretacións dos seus protagonistas e a forza narrativa do guión.
Hugo Lilja
(Umeå, Suecia, 1979)
Estudou dirección de cinema no Dramatiska Institutet de Estocolmo. Comezou dedicándose ao cinema de ciencia ficción, pero recentemente comezou a poñer o foco en historias sobre relacións, identidade, poder e opresión.
Pella Kagerman
(Estocolmo, Suecia, 1982)
Estudou nol Real Instituto de Arte de Estocolmo. Coescribiu con Hugo Lilja The Unliving (2010), que obtivo premios na Berlinale, o Festival de Estocolmo e Clermont-Ferrand.
Mención especial no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai