LA FAM PRODUCCIONS
Idade recomendada: Todos os públicos
Lingua: Sen texto
Un pequeno e pintoresco circo acaba de chegar á cidade despois de percorrer centenares de quilómetros cos seus carros cargados de maletas e baúis. Ninguén sabe de onde veñen, pero contan que entre os seus membros están algúns dos máis virtuosos artistas do espectáculo. Artistas e músicos montan e preparan en directo toda a escenografía para a función. O circo é unha gran familia na que conviven xuntos, comen xuntos, dormen xuntos... namóranse, discuten, bailan, xogan, peléxanse... xuntos.
Dirección escénica: Adrian Schvarzstein
Artistas de circo: Víctor Segarra, Dídac Cano, Gustavo Arruda “Guga”, Amanda Wilson, David Tornadijo “Torna”, Paco Caravaca, Laura Barba
Músicos: Manel Chust, Rubén Traver, Alberto Guardiola
Composición musical: Juanjo Balles
Idea orixinal e visión externa: Sergi Heredia
Vestiario: Pascual Peris
Escenografía: César Marín
Deseño de iluminación: Juanjo Llorens
Vídeo: Lluerna Creació Audiovisual
Produción: La Fam Produccions
[DENTRO DO PROGRAMA CIRCO A ESCENA DE LA RED DE TEATROS Y CIRCORED. INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]