COMPANYIA DE COMEDIANTS LA BALDUFA
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 48 min
Idioma: castelán
6 de setembro. Emprendo a viaxe cara a Europa.
8 de setembro. A noite é escura. O mar está picado.
10 de setembro. Conseguino. Crucei o Mediterráneo.
Na periferia dunha cidade calquera, nun vello patio, Amal escóndese en plena fuxida. É unha moza que despois de vivir os horrores da guerra tivo que deixar o seu país en busca de refuxio en Europa. Non sabe que, nese mesmo lugar, outra moza tamén buscou refuxio para escapar das súas propias angustias e preocupacións. Quizais descubran que comparten máis do que podían imaxinar... Que a pesar das diferenzas, ambas anhelan atopar un lugar seguro onde sentirse acollidas e libres da violencia e a incerteza.
Amal, en árabe, significa esperanza. E iso queremos que sexa este relato. Unha historia sobre as persoas, a vida e a esperanza de crear un mundo mellor.
Autoría: La Baldufa: Enric Blasi, Emiliano Pardo, Carles Pijuan & Dúo Laiaiona (Laia Gómez e Ona Vives)
Dirección: La Baldufa
Intérpretes: Ona Vives, Laia Gómez
Composición musical: Òscar Roig
Deseño de luces: Anjos Fernández
Deseño escenográfico: Carles Pijuan
Deseño e confección de vestiario: Olga Cuito
Construción de escenografía: Juan Manuel Recio, Carles Pijuan, Jaume Serrat
Técnico: Anjos Fernández
Voces en off catalán e castelán: Begonya Ferrer
Produción: Pilar Pàmpols, Maria Carles, Enric Blasi.