CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
Idade recomendada: > 14 anos
Duración: 75 min
Lingua: galego
#posfunción: 2 de febreiro ao remate da función
Dirixida a un público adulto, esa peza trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, sobre todo a das mulleres, é o eixe fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. Paula Carballeira recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 por este texto.
Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño
Dirección: Fina Calleja
Texto: Paula Carballeira
Vestiario: La Canalla
Escenografía: Carlos Domínguez del Río